ConcellosÚltima hora

A Rúa aproba os presupostos do 2014

Cos votos en contra dos edís do PSdeG-PSOE (3) e do BNG (1), e as abstencións do RUA (2), o grupo de goberno popular (5) sacaba adiante o presuposto
Dous momentos da votación dos orzamentos no pleno do 5 de maio no Concello de A Rúa.
Dous momentos da votación dos orzamentos no pleno do 5 de maio no Concello de A Rúa.

ARuapleno2007

Cifrados en máis 2.950.000 de euros, unha cantidade algo superior á do exercicio anterior (2.8 millóns) o Concello da Rúa aprobaba na tarde do 5 de maio os presupostos para este ano en curso, que presentan como novidade, introducida a última hora polo alcalde, a rebaixa do 50% das taxas municipais a aquelas familias con tódolos seus membros en paro.

No debate previo á votación, o alcalde popular Avelino García Ferradal, asegurou que malia ser un presuposto moi semellante ao do ano pasado, permitirá manter os servizos e amortizar parte do crédito do pago a proveedores.

O portavoz socialista Luis Fernández Gudiña, pola súa banda, asegurou que son uns presupostos “tardíos, continuístas e planos que non aportan solucións ás necesidades da poboación que xurden cada vez máis”. Fernández Gudiña tamén criticou a inclusión no apartado de ingresos de máis de 240.000 da venda de parcelas en solo industrial, algo que “non se sabe se será efectivo ou non” polo que propuxeron a retirada da partida coa conseguinte “reformulación dos presupostos”, proposta que foi rechazada cos votos en contra do PP e a abstención do RUA.

O portavoz do grupo Rueses Unidos Adiante, José Vicente Solarat, explicou a abstención na votación dos presupostos ao non querer entorpecer a gobernabilidade do Concello, aínda que asegurou que vender as parcelas do polígono será case imposible neste ano. Tamén fixo fincapé na importancia que para el ten, dende sempre, o pulo ao sector servizos, básico para o municipio.

A portavoz nacionalista María Albert asegurou coincidir cos outros dous grupos da oposición, “son uns presupostos irreais” dixo, descatando a falta de investimentos en cultura, poñendo como exemplo á biblioteca municipal.

No pleno celebrado onte na Rúa tamén se aprobaba, neste caso por unanimidade, unha moción presentada polo grupo socialista sobre o “rexeitamento á modificación do deseño de plantas xudiciais en España”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button