A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa baixa ata os 6 casos activos de coronavirus, 2 menos que onte

Así e todo dende o Concello decidían non celebrar a feira mensual do día 7

Vista parcial da Rúa dende o encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tardou máis do desexado pero mantense a tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 no municipio da Rúa, situándose nos 6 na xornada deste xoves 7 de xaneiro, dous menos que onte, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao propio Concello.

Con respecto aos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, o número mantense entre 1 e 9 e a incidencia acumulada sitúase entre  >50 e ≤150 aínda que se mantén o nivel medio alto de restriccións polo que dende o Concello decidían “continuar actuando con prudencia e, polo tanto non celebrar a feira mensual do día 7”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button