A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa celebra a súa feira do día 7

Esta fin de semana comezan tamén as Festas de Verán, que este ano terán un formato diferente a causa da pandemia

 

Á mañá deste venres, 7 de agosto, celebrábase a feira mensual da Rúa, entre os barrios de A Estación e Fontei. Ao mercado acudiron numerosos postos de alimentos, artesanía, moda, complementos e zapatería. Axentes da Policía Local e membros de Protección Civil velaban pola seguridade dos veciños e o cumprimento da distancia social e as medidas sanitarias, froito da pandemia do coronavirus. Tamén se estableceu un sentido único na circulación para evitar aglomeracións.

Festas de Verán

Esta feira coincide coa fin de semana das Festas de Verán, que este ano terán un formato diferente a causa da crise sanitaria. Non obstante, os veciños poderán desfrutar de dúas sesións de cine: “Tiburón” o sábado día 8 e “María Solinha” o luns día 10. Ademais, varias charangas percorrerán a vila durante os próximos días e o domingo terá lugar unha actuación de funambulismo.

Artigos relacionados

Back to top button