DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa celebra a súa II Milla Nocturna

A cita lograba incrementar o número de participantes e tamén o público asistente

Uns 120 atletas divididos en 13 categorías competían na II Milla Nocturna da Rúa, que se celebraba na noite do 7 de agosto tendo como punto de partida e meta a zona do Aguillón.

Ademais de incrementar o seu número de participantes, tamén nesta edición se reunía máis público. “A pesar do frío e do vento o paseo de O Aguillón encheuse de público e atletas para animar aos valientes que se atreveron a competir” nesta cita deportiva, segundo os seus organizadores.

Os tempos ganadores da milla lográbanos Damián Anta, Adrián Mondelo e Jesús Rego e, no caso da categoría feminina, Marta Ballesteros, Isabel Vázquez e Maribel Porto.

Fotos: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button