ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa celebra o Día da Muller coa lectura do manifesto, actos no CCA e un obradoiro de autoestima

As actividades desenvólvense ao longo da xornada deste venres 6 de marzo

 

O domingo 8 de marzo é o Día Internacional da Muller pero na maioría dos concellos celébrano dous días antes.

Na Rúa, dende a concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizaron un completo programa que arrancaba ás 11 horas deste venres 6 de marzo, coa lectura do manifesto na praza do Concello a cargo da concelleira Joana Gómez, coa asistencia do equipo de Goberno e traballadores, ademais dun grupo de veciñas. Nel reafírmase a “firme votade” das institucións, neste caso o Concello, “a continuar construíndo unha sociedade xusta, onde homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e onde nenas e nenos crezan en igualdade de oportunidades con independencia do seu xénero”.

De seguido tiña lugar a proxección no Centro Cultural Avenida dunha curtametraxe elaborada por Cruz Vermella Valdeorras para conmemorar este día, contando ademais coa presenza de Carla Sariol, ex xogadora nacional e internacional de hóckey e adestradora de APG, que dende a súa experiencia destacou a importancia da igualdade no deporte.

Ademais e por primeira vez, organizouse un obradoiro de autoestima que se desenvolverá en dúas sesións na Aula do Centro Cultural Avenida. A primeira hoxe, en horario de 11 a 13 horas e de 16 a a 18, centrada en como “vivir en positivo” e as pautas a seguir para o “autocoñecemento”; e a segunda o venres 27 de marzo no mesmo horario, profundizando nas “habilidades persoais” e no “empoderamento feminino”.

A programación do 8M na Rúa complétase coa representación na Casa da Cultura de Entre mulleres anda o xogo (Versión Júnior) a cargo da compañía Run Run Xogos e Enredos. Será mañá, 7 de marzo, ás 17h.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as catro últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button