ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa celebra o Samaín e o magosto popular

Unha festa con disfraces, castañas asadas, bolos preñados e viño

No concello da Rúa pechaban o mes de outubro cunha dobre celebración. Primeiro foi o Samaín na Casa da Cultura, cun amplo abano de actividades e obradoiro de xogos para os máis pequenos da casa, e unha festa na que non faltaron os disfraces, os globos e a maquillaxe con efectos.

Unhas horas máis tarde, pasadas as sete e media comezaba o tradicional magosto popular no hangar da Estación de Autobuses. Alí, os asistentes puderon degustar casañas asadas (asáronse 320 quilos), bolos preñados e viño ou auga, previo pago de 2 euros.

Como boa festa, tampouco faltou a música, a cargo da discoteca móbil Danzalia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button