En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa chora a fin do Carnaval queimando a “Dona Sardiña do Atlántico e Cantábrico”

Esta singular procesión partía pasadas as oito da tarde do atrio de Santo Estevo e remataba na praza César Conti, onde se procedía á súa incineración

Tras un multitudinaria desfile de Carnaval na tarde do domingo 10 de marzo, A Rúa despedía definitivamente esta festa na tardiña deste luns, 11 de marzo, co enterro da sardiña. Tamén movido no calendario por mor do mal tempo. A partires das oito da tarde, abríase o velorio de “Doña Sardiña do Atlántico e Cantábrico, viúva de D. Carnal” na escola do atrio da igrexa de San Estevo.

Entre loitos, choros e tamén bandexas de bica, tarta de roxois e licor, os veciños velaban e dábanlle o adeus a sardiña. Despois, o bispo iniciaba o ceremonial e tras rezar unha singular oración de tono satírico, daba paso á procesión: “deamos unha volta no seu honor, antes de proceder á súa incineración”.

A partir de aí, a comitiva, encabezada pola sardiña e polo bispo, percorría entre cánticos, son de bombos e berros das choronas A Rúa Vella ata rematar na praza César Conti, onde seguidamente era queimada xunto aos mecos que estaban aínda colgados dunha farola da praza. A festa completábase cunha merenda acompañada de viño para os asistentes ao enterro e cunha queimada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button