A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa comeza o ano cunha nova baixada de casos activos de coronavirus

Panorámica do concello da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Moi amodo, quizais máis do desexado, pero progresivamente, seguen baixando os casos activos de coronavirus no municipio da Rúa que, segundo os datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao Concello, comezaba o ano cun total de 10 positivos (rexistrados a 1 de xaneiro de 2021), catro menos que o día 30 de decembro.

Tamén baixan considerablemente o número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días situándose na franxa de entre 1 e 9. A incidencia acumulada tamén baixa, situándos entre >150 e ≤250. O nivel de restricións mantense no medio-alto.

Artigos relacionados

Back to top button