ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa conmemora o Día de Rosalía

Dende a súa aprobación en Pleno, cada 24 de febreiro A Rúa conmemora o día no que naceu Rosalía de Castro, a gran poetisa galega. E este ano facíano cun dobre acto na Casa da Cultura. Por unha banda coa lectura dun manifesto e poemas de Rosalía por parte dos asistentes, recibindo cada participante o agasallo dunha flor ou dun libro. E por outra, diferentes actos para nenos e maiores como a elaboración dun mural sobre a escritora na Biblioteca Municipal.

Fotos cedidas pola Biblioteca Municipal da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button