CulturaCulturaÚltima hora

A Rúa conmemorará o 500 aniversario do inicio da primeira volta ao mundo cun pase especial do filme “Elcano & Magallanes”

O martes 22 de outubro ás 12:30h. proxectarase o filme para os estudantes

Con motivo do 500 aniversario do inicio da primeira volta a mundo, o vindeiro 22 de  outubro ás 12:30h. proxectarase no Centro Cultural Avenida o filme de animación Elcano y Magallanes: La Primera Vuelta al Mundo. Tal como avanzan dende o Concello da Rúa, será un pase especial para os estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato.

O filme español, escrito por Garbiñe Losada e José Antonio Vitoria e dirixido por Ángel Alonso (El ladrón de sueños), fala da viaxe circular que acabou onde comezara e que marcaría un antes e un despois na historia da humanidade. La Primera Vuelta al Mundo é unha das venturas máis emocionantes xamais contada. A crónica de dous navegantes que, en 1519, zarparon con cinco embarcacións do porto de Sevilla. Eran o portugués Fernando de Magallanes, comandante da expedición, e o vasco Juan Sebastián Elcano, o home que conseguíu concluír a misión. Unha épica aventura que acabaría tres anos despois, e que confirmaría que a Terra é un planeta esférico, algo que ata ese momento só se sospeitaba.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button