SanidadeÚltima hora

A Rúa continúa a demandar unha “primaria digna” e un novo centro de saúde

No exterior do Centro de Saúde da Rúa tiña lugar neste mediodía de 15 de xullo unha concentración de veciños e persoal sanitario para seguir insistindo na petición dunha atención “primaria digna” e dun novo centro de saúde para este municipio.

A Rúa leva celebrando estas concentracións dende o mes de febreiro, cando lanzaba esta convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC). Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.
Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button