A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa continúa con 32 casos activos de Covid-19

Vía central da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver

 

Aínda que a cifra é alta e aínda non comezou o esperado descenso, na xornada de hoxe, venres 27 de novembro,o número de casos activos de Covid-19 no municipio da Rúa mantense por cuarto día consecutivo nos 32, os mesmos que rexistraba este martes, día 24.

Así o confirma o alcalde, Álvaro Fernández, segundo os datos que diariamente a Consellería de Sanidade facilita aos Concellos. Ante esta situación, agardando unha pronta melloría, dende a administración local decidían suspender a tradicional feira de San Andrés do día 30.

 

Artigos relacionados

Back to top button