A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa continuará en nivel medio-alto de restricións polo Covid

Vía principal da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Sen cambios. Malia á baixada de casos activos rexistrada nos últimos días, A Rúa, con 5 positivos, vai seguir dentro dos concellos con nivel de restricións medio-altas, segundo se desprende das decisións tomadas durante a reunión do Subcomité Clínico deste venres.

Tamén a comarca de Verín (nivel máximo de restricións) e Xinzo de Limia (medias-altas) manterán o seu nivel de restricións, do mesmo xeito que Sarreaus (medio-alto).

Tanto A Rúa como Sarreus evolucionan gradualmente cara unha melloría das súas taxas de incidencia.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button