ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa despide as festas da Estación ao ritmo da orquestra Olympus

Despois de cinco días de actividades a sesión verbena poñía o broche

Co ritmo, colorido e son que a caracteriza, a orquestra Olympus poñía na madrugada do 5 de agosto o broche ás Festas de Verán da Rúa. E facíao co espectáculo Red Tour Campeones, con numeroso público ao longo da rúa Doutor Vila e praza da Estación, bailando e desfrutando dunha agradable noite.

Así chegaba á localidade valdeorresa ao final de cinco días de celebracións nos que houbo un pouco de todo. Desde música para nostáxicos co Encontro de Pinchadiscos, ata rock co tributo a Queen e o concerto de Clon Bois. Sen esquecer o apartado deportivo, coa Milla Urbana Nocturna, os torneos de tenis, voleibol, golf rústico e fútbol; as actividades para os cativos coa festa da escuma e o parque no Aguillón; pasarrúas e bailes.

E case sen tempo de recuperarse, A Rúa prepárase xa para unha nova edición da Baco Festa que arrancará o venres as 20:45h. e estenderase ao longo de toda a fin de semana.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button