CulturaCulturaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

A Rúa despide o Entroido coa queima da sardiña

Co velorio, procesión e queima da sardiña na praza César Conti, A Rúa despedía o Entroido 2016.

Entre berros, choros, sermón e groliños de licor de café, numerosos veciños seguiron a parodia coa que A Ruada poñía o broche de ouro aos festexos na localidade valdeorresa.

Tralo percorrido pola Rúa Vella coa “finada” que simboliza o fin do Entroido, o acto remataba na praza coa queima dos bonecos (sardiña de trampo e compadres) e posterior degustación de viño e bocadillos de sardiña.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close