ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa despide o Nadal coa visita dos Reis Magos a diferentes puntos da vila

Despois do percorrido, a recepción real tiña lugar na praza José Antonio Míguez Freire

Dende o Centro de Día ata a praza do Concello. Co percorrido dos Reis Magos por toda a vila remataba o programa de Nadal na Rúa. Despois da visita ao Centro de Día e á Residencia de Anciáns dos Pinos, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban á Estación de Autobuses onde eran recibidos polo nenos aos que repartían caramelos. De seguido subíanse á carroza e desprazábanse ata o Campo de San Roque e a Igrexa de Santo Estevo.

As seguintes paradas eran Vilela, a Residencia Nosa Señora de Fátima e a Igrexa de Fontei, antes de coller rumbo á praza José Antonio Míguez Freire onde nunha fria tarde, recibían aos cativos alí congregados, entregándolles os seus agasallos e máis caramelos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button