A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa disporá de 48.000 euros para o arranxo do acceso ao Barranco Rubio

Trátase dunha achega da Deputación de Ourense aprobada na Xunta de Goberno deste luns 31 de maio

Vista panorámica da Rúa dende o Barranco Rubio.

 

Xa é oficial. O Concello da Rúa disporá dunha achega da Deputación de Ourense por importe de 48.000 euros para o arranxo do acceso ao miradoiro do Barranco Rubio.

O alcalde, Álvaro Fernández, xa avanzara hai un mes, no Pleno celebrado o 3 de maio, que contarían cunha partida para este obra, aínda que non era ata onte cando a administración provincial aprobaba en Xunta de Goberno a achega ao concello valdeorrés.

Segundo as palabras do propio alcalde, “trátase dunha zona de esparexemento que recibe un gran número de visitas pero cuxa vía de acceso leva varios anos en mal estado, chegando incluso a resultar perigoso”. Unha problemática que solucionarán coas obras previstas, “para que veciños e visitantes poidan subir con seguridade e desfrutar da paisaxe”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button