En portadaÚltima hora

A Rúa e Almendralejo selan en Iberovinac 20 anos de irmandade

O Salón do Viño e da Aceituna de Estremadura, no que o Concello rues contou cun stand, clausurábase hoxe

 

Logo de tres intensos días, na xornada deste venres 21 abril clausurábase a edición de 2022 de Iberobinac, coincidindo co XX aniversario da irmandade entre a localidade estremeña de Almendralejo e a valdeorresa de A Rúa, e contando coa presenza dunha embaixada ruesa.

O stand do Concello da Rúa, que este abriu á DO Valdeorras, á Ruta o do Viño e aos empresarios vitivinícolas da zona, coa Cooperativa Virxe das Viñas como aglutinador de sentimentos e vontades, “volveu ser unha grata sorpresa para os visitantes, un dos lugares máis visitados da feira e un punto de encontro para moitos amigos, industriais, produtores, embotelladores… “, asegura o embaixador da Rúa en Almendralejo, Juan Francisco Sánchez.

 

Visitando a Praza de Touros de Almendralejo.

 

Foi pois todo un éxito para a embaixada ruesa co alcalde Álvaro Fernández López á fronte, que xa foi convidada polo seu homónimo de Almendralejo, José María Ramírez Morán, “para que o concello rues participe nunha nova edición da Semana do Romanticismo, entre outras cousas, homenaxe aos dous poetas nados na cidade almendralejense: Carolina Coronado e José de Espronceda”, explica Juan Francisco, adiantando que será o seguinte evento destacado no mes de xuño e xusto antes da Baco Festa, a feira vitivinícola á que unha vez máis foron convidados os almendralejenses.

Durante a estancia na vila extremeña os rueses visitaron a praza de touros, “a única no mundo que alberga unha adega no seu interior”, destaca o embaixador e irmán maior da Rúa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button