En portadaÚltima hora

A Rúa e Petín seguirán co mesmo nivel de restricións actuais

Así o decidía o comité clínico, que ademais acordaba suavizar as restricións en Verín, Amoeiro e Coles, entre outros concellos galegos

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Na súa reunión desta tarde o comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da pandemia do Covid-19 en Galicia, presidida polo conselleiro de Sanidade, Julio García; acordaba levantar as restricións especiais nos concellos ourensáns de Verín, Amoeiro e Coles; noutros tres da provincia da Coruña (Trazo, Boqueixón e Val do Dubra); nun da provincia de Lugo, Monforte; e noutro da provincia de Pontevedra, Campo Lameiro. Nestes concellos rexerán, pois, as medidas de nivel 2.

Así mesmo, os expertos que avalian a expansión do coronavirus na comunidade galega acordaron incorporar ao concello de Moaña ao grupo de municipios con restricións especiais.

As medidas serán publicadas mañá no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores.

Ademais, nas localidades de Petín, A Rúa, Ribeira, Dumbría e A Lama, malia que continúan co mesmo nivel de restricións actual, o comité clínico acordou implementar unha observación específica á súa evolución epidemiolóxica.

A Xunta de Galicia lembra a obrigatoriedade de cumprir as normas restritivas para facer fronte á pandemia, e solicita “a máxima colaboración dos concellos e das Forzas de Seguridade do Estado para a vixilancia das mesmas”.

Sanidade quere remarcar, unha vez máis, que “se se cumpren as medidas decretadas polo Executivo galego, os concellos poderán aliviar as súas restricións”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close