ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa en festas

O Encontro de Pinchadiscos abre un mes decelebracións que rematará coa actuación de París de Noia en San Roque

No mes de agosto toda A Rúa é unha festa. O programa das grandes, as do Verán, arrancaban onte pola noite co Encontro de pinchadiscos na rúa Doutor Vila e a partires de aí viviranse catro días de festexos con actividades para todos os públicos.

Hoxe, xoves día 3 de agosto o baile correrá por conta da orquestra La última legión que actuará en sesión de tarde e verbena e así chegaremos ao día grande das festas, o venres 4 de agosto (festivo local) coa actuación da orquestra Palladium. O venres será tamén o día dos nenos e para eles estará instalado no antigo campo de fútbol, un parque de inchábeis a partires das cinco da tarde. E xa ás 21h. arrancará a IV edición da Milla Urbana Nocturna ao longo da rúa Miguel de Cervantes.

A festa continuará o sábado coa música como protagonista. A charanga O equipo B será a encargada de amenizar a xornada con pasarrúas pola vila, e a orquestra Marbella porá o son á tarde e á noite. Ese día tamén haberá deportes, desta volta fútbol, cun triangular de veteranos no que o C.D. Rúa se entrontará a outros dous equipos: Ponferradina e Pantón.

O domingo 6 de agosto, a charanga Terras do Bibei actuará polas rúas e a orquestra Gran Parada será a encargada da sesión de tarde e verbena, xa na praza da Estación. O apartado deportivo correrá nesta ocasión por conta dos afeccionados ao golf que queiran participar no torneo rústico que se celebrará na área recreativa do Aguillón a partires das sete da tarde. O domingo remata tamén o Torneo de Tenis Festas da Rúa que este ano chega á XIX edición.

O derradeiro día de festas será o luns 7 de agosto, coa celebración da tradicional Feira do Ano en Fontei e a actuación da Banda de Noia na rúa Doutor Vila.

Na seguinte fin de semana celebrarase a IV Baco Festa no entorno do Aguillón e do 17 ao 21 as festas da Rúa Vella na honra a San Roque que porán o broche coa actuación da orquestra París de Noia.

Máis información na edición de agosto do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button