ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa en festas

O V encontro de pinchadiscos abre o programa que se estenderá ata o luns 10 de agosto, festivo local

Coa quinta edición do encontro de pinchadiscos na rúa Doutor Vila, arrancaban onte xoves 6 agosto, as festas de verán da Rúa. Cinco días de festexos que inclúen numerosas e variadas actividades.

A programación musical inclúe a actuación da Banda de Música de Celanova, hoxe venres día 7 (feira do ano en Fontei). A verbena correrá a cargo de grupos de música da zona: Los Íñigos, Blue Star Group e Placeres Solitarios.

Os pasarrúas correrán por conta da Fanfarria Takicardia e da Charanga BB+, que percorrerán as rúas da vila o venres e o sábado, mentres que as orquestras que actuarán este ano son Costa Oeste (sábado 8), Cinema (domingo 9) e París de Noia (luns 10).

Ademais, o domingo día 9 será o día dos nenos con parque de inchables, obradoiro pintacaras, festa da escuma… no antigo campo de fútbol; mentres que nas piscinas municipais haberá tamén parque de inchables acuático o luns. Completan o programa, os torneos deportivos de tenis, pádel e golf rústico e a milla nocturna.

A novidade deste ano é que “por motivos alleos a esta Institución, por primeira vez non poderemos dispoñer do segundo peirao de ADIF, que está alugado a unha empresa privada, e que se viña usando tradicionalmente para a instalación das atraccións das festas” explican dende o Concello, polo que decidían distribuír aos feirantes por distintos espazos no entorno da rúa Doutor Vila, onde un ano máis se situarán as orquestras.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button