ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa engalánase para a I Cea Popular Carnavrao de San Cristóbal

A cita gastronómica celebrarase esta noite na rúa Doutor Vila

Globos de papel decoran as fachadas dos comercios e locais de hostalaría da rúa Doutor Vila. É un sinal que anuncia a festa que se vivirá esta noite na céntrica vía ruesa.

Da man da Asociación Sociocultural San Cristóbal, formada por xente de diferentes colectivos da Rúa, celebrarase esta noite a I Cea Popular Carnavrao de San Cristóbal para a que xa hai anotadas máis de 350 persoas. O menú estará composto por embutidos variados, empanada, costela asada, postre, café e chupito e custa 16 euros. En torno ás 22h. procederase ao acendido das luces na rúa e un cuarto de hora despois comezará a cea popular.

A presentación da asociación que xa organizou o IV CaViño de Inverno, terá lugar unhas horas antes, ás 20h. no Centro Cultural Avenida, cunha exposición de fotos antigas e a elección do Rei e da Raíña das festas. E xa mañá a partires das 19:30h. celebrarase o Carnavrao, co desfile de disfraces, carrozas, comparzas e folións dende a Cooperativa ata a praza da Estación, con premios e música.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button