EconomíaEconomíaÚltima hora

A Rúa estrea a súa “Quincena de agasallos”

Esta campaña comercial desenvolverase entre os días 5 e 20 de abril na localidade valdeorresa

aruacartelcomercio

Os establecementos da Rúa, en colaboración co Concello e coa Asociación Empresarial de Valdeorras, porán en marcha en abril unha nova promoción chamada “Quincena de agasallos”. Desenvolverase entre os días 5 e 20 de abril e consistirá en que por cada 10 € de compra que os clientes realicen nos case 50 establecementos participantes, recibirá unha rifa para o sorteo dun televisor e de catro vales de compra por valor de 25 € cada un.

O sábado seguinte ao remate da promoción os establecementos realizarán un sorteo de premios entre todas as rifas. Os gañadores dos vales teñen de prazo ata o 30 de xuño deste ano para canxealos.

Entre os comercios participantes na promoción hai dende tendas e roupa e calzado ata floristerías, ferreterías, moblerías, librerías, unha confitería, unha óptica, unha tenda de móviles e unha droguería.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button