ConcellosÚltima hora

A Rúa estrea sinalización

Un dos novos sinais colocados na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos novos sinais colocados na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella

Dende hai unha semana o centro do casco urbano da Rúa conta con novas sinalizacións nas rúas. “As antigas non se vían ata que entrabas na rúa en cuestión e estas son moito máis visibles” explicaba o alcalde rues Avelino García Ferradal.

Os nomes de rúas como Venezuela, San Antón ou Colombia, van nunha placa montada sobre mastros e colocadas na beirarrúa á entrada de cada rúa. “En breve colocaremos máis sinalizacións como a do mirador do Barranco Rubio e outros lugares públicos” adianta García Ferradal.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button