A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa evita as restricións sanitarias tras reducir os contaxios

Sen embargo, o comité clínico acordou o confinamento perimetral de Sanxenxo

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Comité Clínico de expertos que segue a pandemia do Covid-19 en Galicia mantiña esta tarde unha xuntanza coa vista posta, principalmente, en tres concellos galegos, un deles A Rúa. Finalmente este concello valdeorrés lograba evitar un incremento nas restricións ante a baixada dos contaxios. Agora mesmo está en nivel de alerta 0 (cor verde) no mapa epidemiolóxico do Covid que elabora a Consellería de Sanidade.

O mesmo sucedía co concello de Chantada, sobre o que tamén estaba posto o foco. Sen embargo, en Sanxenxo, o terceiro dos municipios que se estaban vixiando, si se aplicarán maiores restricións, como o confinamento perimetral, segundo confirma a Consellería de Sanidade, tendo en conta que leva dúas semanas en alerta vermella. Publicaranse mañá pola tarde no Diario Oficial de Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button