En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa honra a Baco, deus romano do viño

A VI edición da Baco Festa inaugurábase na tarde de onte e estenderase ao longo de toda a fin de semama no Aguillón

Na tarde do 9 de agosto, na ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, o alcalde da Rúa Álvaro Fernández entregaba á alcaldesa de Petín Raquez Bautista o disco de Teodosio selando un pacto de amizade e cordialidade entre os concellos. Comezaba así a VI edición da Baco Festa cuxo acto inaugural  tiña lugar xa no recinto da feira, en pleno Aguillón. Alí, o concelleiro de Cultura da Rúa José Vicente Solarat presentou o acto facendo alusión ao “pasado  romano e o presente do viño coas adegas participantes, co que queremos preparar o futuro”, dixo antes de ceder a palabra aos convidados: o alcalde de Almendralejo José María Ramírez; e os fillos adoptivos da Rúa Manuel Durán (cuxa agrupación tradicional, Abertal, vén de celebrar o 30 aniversario) e Juan Francisco Sánchez de Almendralejo, que facía un pequeno pregón en verso loando as veldades de Baco e do viño de Valdeorras. A todos eles (e tamén ao propio Solarat), o alcalde da Rúa entregáballes unha réplica da placa da lápida que se conserva fronte á igrexa de Santo Estevo, do soldado romano Lucio Pompeio Reburro Fabro, “o primeiro gigurro do que temos constancia”, dixo José Vicente.

 

Vista nocturna do recinto da Baco Festa.

 

De seguido e tralo bride con godello, comezaban as degustacións de viños nas casetas das once adegas da Denominación de Orixe Valdeorras presentes nesta edición. Tamén hai postos de artesanía local e de fóra e para comer, así como unha caseta do Camiño de Inverno e da Ruta do Viño.

A música é outro dos ingredientes do programa da Baco Festa e na noite do venres actuaba Thunderstuck, banda tributo a AC/DC. Para hoxe están previstas as actuacións do grupo local Blue Star (21h.) e da banda tributo a Miguel Ríos, Rock & Ríos (23:30h.); e para o domingo pola tarde, a de Fanfarria Takikardia.

O horario do recinto, tanto o sábado coma o domingo será de 12:30h. a 14:30h. e de 19:30 ata o remate, xa de madrugada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/bluestar-e-a-banda-tributo-a-miguel-rios-ponen-son-a-noite-do-sabado-na-baco-festa/

Artigos relacionados

Back to top button