A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa ilumínase para un Nadal diferente

 

O deste ano será sen dúbida un Nadal diferente. A tres semanas para as datas centrais aínda non se sabe en que condicións se poderán celebrar as xuntanzas familiares, nin se haberá ou non Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, todo dependerá da situación sanitaria.

O que se mantén, a pesar de todo, é a iluminación navideña, co acendido uns días antes que o ano pasado. Así, as vías centrais da Rúa, así como a praza do Concello (ademais de casas e comercios, xa a nivel particular),  iluminábanse con luces de cores na noite do 30 de novembro, dando así a benvida a un novo e imprevisible Nadal.

 

Árbore de luz diante do Concello da Rúa.

 

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button