A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa inicia o programa de conmemoración do 25N co “punto morado” na praza do Concello

A campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, inclúe entrega de material como pulseiras, pegatinas e flyers cunha relación dos recursos máis próximos

 

Na xornada deste luns 22 de novembro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, está instalada na praza do Concello da Rúa a caravana co “punto morado” contra a violencia de xénero, na que están a desenvolver unha campaña de sensibilización con entrega de material entre o que se atoparán pulseiras, pegatinas e flyers cunha relación dos recursos máis próximos. “Damos información sobre os lugares e servizos aos que acudir en caso de sufrir ou ser testemuño dalgún tipo de acoso ou violencia ou para temas legais de diferente índole”, explican as profesionais ao cargo da caravana. Servizos como os que ofrecen no Concello da Rúa (Servizos Sociais), no CIM do Barco, no Teléfono da Muller,…

Ademais, para darlle visibilidade, dende o Concello repartirán vinilos identificativos da campaña en todos os establecementos comerciais e hostalaría da vila.

Esta é a primeira das actividades previstas dende o Concello con motivo do 25N. O acto central será o xoves, 25 de novembro, cunha actividade denominada “A violencia de xénero é…” con paneis na praza do Concello nos que os veciños poderán expresar que consideran eles que conforma a violencia de xénero cunha posterior reflexión ao respecto. Estes paneis contarán tamén cun apartado no que estará exposto un traballo de cómic que elaboraron os usuarios do Centro de Día da Rúa en conmemoración con este día. Ás 12 horas será a tradicional concentración con lectura de manifesto.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button