SanidadeÚltima hora

A Rúa insiste na súa petición dunha “primaria digna” e dun novo centro de saúde

 

No mediodía deste 23 de setembro veciños e persoal sanitario volvían concentrarse durante cinco minutos, tal e como veñen facendo cada luns dende febreiro, para pedir unha “primaria digna” e un novo centro de saúde para esta localidade.

A convocatoria inicial lanzábaa xa a primeiros deste ano a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e continúa viva na Rúa. Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

 

Artigos relacionados

Back to top button