SanidadeÚltima hora

A Rúa insiste na súa reivindicación dunha “Primaria digna”

Novo parón no exterior do Centro de Saúde desta vila neste luns 6 de maio ás 12h.
Concentración deste luns no exterior do Centro de Saúde da Rúa.

Son xa catorce meses seguidos os que veciños e persoal médico levan reuníndose en defensa dunha Atención “Primaria” digna. Neste luns 6 de maio tiña lugar unha nova concentración ao mediodía no exterior do Centro de Saúde rues.

Este acto reivindicativo, convocado dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a realizarse no primeiro luns de febreiro. Dende entón o centro de saúde rues mantén estas concentracións coas que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button