ConcellosÚltima hora

A Rúa maniféstase diante do Concello polo “novo Centro de Saúde e unha sanidade pública e próxima”

A xuntanza, convocada pola Plataforma pola Sanidade da Rúa, tiña lugar no mediodía do 27 de novembro

 

Despois de case un ano concentrándose cada luns diante do Centro de Saúde, para reivindicar unha “sanidade primaria digna” e un novo e necesario Centro de Saúde, sen obter resultados, a Plataforma pola Sanidade da Rúa daba un paso máis convocando unnha manifestación diante do Concello. “Despois de tantos meses (e anos) seguimos esperando que nos digan algo en relación á finca que debe aportar o Concello para que o Sergas constrúa e dote o nuevo Centro de Saúde”, explicaba na convocatoria o voceiro da plataforma, Pablo Deramond, engadindo que “o novo equipo de goberno está facendo o mesmo que os demais, coa diferencia de que estes nin sequera dan explicacións”.

Atendendo á convocatoria, na mañá do 27 de novembro un nutrido grupo de veciños manifestábase baixo a chuvia por “unha sanidade pública e próxima”, mantendo a “loita polo novo Centro de Saúde”.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button