A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa mantén 2 positivos de Covid, sen novos casos diagnosticados nos últimos 7 días

Vista da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A situación sanitaria, tanto a nivel galego como comarcal, segue mellorando e no caso concreto da Rúa, en Valdeorras, mantense a estabilidade sen chegar a remitir de todo a afección de Covid. De feito, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello, son 2 os casos activos no múnicipio na xornada deste martes 2 de marzo, os mesmos que nos últimos tres días.

Con respecto á incidencia acumulada para este municipio valdeorrés, é de ≤10 nos últimos 7 días, sen novos casos diagnosticados; e de >25 e ≤50 nos últimos 14 días.

 

Artigos relacionados

Back to top button