SanidadeÚltima hora

A Rúa mantén a súa petición dunha “primaria digna” e dun novo centro de saúde

Son apenas cinco minutos, pero que se manteñen en silencio e de forma simbólica no exterior do Centro de Saúde da Rúa cada luns ao mediodía dende febreiro. É un acto reivindicativo que une a veciños e persoal sanitario desta localidade para pedir unha Atención Primaria “digna” e que comezaba coa convocatoria a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC).

Agora á petición tamén se suma a dun novo centro de saúde. A imaxe repetíase novamente neste luns 22 de xullo ás 12h.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button