SanidadeSen categorizarÚltima hora

A Rúa mantén as concentracións en demanda dunha primaria digna e dun novo centro de saúde

Un luns máis, e van vinte dende febreiro, tiña lugar un parón no exterior do Centro de Saúde desta localidade

Xunto ao Centro de Saúde da Rúa, un luns máis ao mediodía, tiña lugar neste 17 de xuño unha concentración durante cinco minutos. Veciños e persoal sanitario seguen insistindo con este xesto na súa demanda dunha atención “primaria digna”, á que tamén suman a petición dun novo centro de saúde para este concello valdeorrés.

Son xa vinte luns consecutivos os que se leva realizando esta acción reivindicativa. A convocatoria lanzábaa xa no mes de febreiro a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e continúa viva na Rúa. Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button