SanidadeÚltima hora

A Rúa mantense firme na súa defensa dunha “Primaria digna”

Numerosas persoas concentrábanse un luns máis ao mediodía no exterior do Centro de Saúde desta localidade valdeorresa

A reivindicación segue sendo a mesma “unha Primaria digna”. Son xa oito luns consecutivos os que veciños e profesionais sanitarios levan concentrándose ao mediodía durante cinco no exterior do Centro de Saúde da Rúa para facer visible esta demanda.

Esta acción reivindicativa, convocada dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), comezaba a levarse a cabo no primeiro luns de febreiro. Dende entón e de maneira continúa o centro de saúde rues mantén estes actos cos que se pretende “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button