En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa móvese ao ritmo do CarnaVrao de San Cristóbal

Comparsas, carrozas e folións percorrerían a vila na tarde do 7 de xullo

Pola chuvia caída e polo ceo encapotado e mesmo o vento, na tarde o 7 de xullo custaba pensar que estabamos en pleno verán. Pero así era e coa mirada posta no ceo, esperando que a treboada non volvese sobre A Rúa, os participantes no CarnaVrao de San Cristóbal comezaban, pasadas as oito da tarde, o desfile.

Con saída na Cooperativa, as comparsas percorrían a rúa Campogrande e Progreso rumbo á Doutor Vila onde remataba o longo percorrido (similar ao do Entroido no inverno). E entre os participantes, varios folións (Escola de Petín, Arrieiros e Terras do Bolo) e exóticas comparsas: brasileiros, indios, sambeiras, gánsters, piragüistas, hippies,… e a carroza a organización. Pechando a comitiva, a charanga Nova Terras de Trives poñía música ao CarnaVrao de San Cristóbal, iniciativa levada a cabo pola asociación recentemente creada por veciños das Rúa para dinamizar a vila con actividades como a recuperación das Festas de San Cristóbal, entre outras.

Despois do éxito da cea previa celebrada na noite do venres, na tarde do sábado os veciños botáronse á rúa, uns desfilando e outros animando.

Fotos: Mónica G.Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button