Publicidade
DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa “móvese” polas enfermidades raras

Unhas 150 persoas inscribíronse na andaina a favor de Anasbabi Ciclopatías celebrada na mañá deste domingo 1 de marzo

 

As previsións meterolóxicas auguraban un día pasado por auga, pero non se cumpriron e os participantes na I Andaina polas enfermidades celebrábase na Rúa nunha fermosa e tranquila mañá.

A proba, que se move entre o deporte e a solidariedade, contou cuns 150 inscritos (sumando a fila cero) aínda que eran algúns menos nos que ás 11 da mañá deste domingo 1 de marzo, saídan dende a praza de Fontei para completar os preto de 7 quilómetros pola zona alta da vila, pasando entre outros, por lugares tan emblemáticos como a Casa Grande de Fontei.

Organizado polo Club Atletismo Rúa, a recadación da andaina (5 euros por inscrición), irá destinada á asociación de ámbito nacional Anasbabi Ciclopatías que traballa para lograr diagnósticos máis rápidos e precisos, en diferentes ámbitos (investigación, formación de profesionais, divulgación e asistencia para pacientes e  familias). O presidente da asociación, José Carlos Pumar, era o encargado de dar a saída despois dun minuto de silencio polo falecemento do veciño rues Alejandro Lamas.

Pumar deu as grazas aos participantes, asegurando que ten unha forte vinculación con Valdeorras, por iso quixo que a primeira das 26 andainas que celebrarán este ano a nivel nacional, fose na Rúa. Aseguinte será tamén na comarca, o día 15 no Barco de Valdeorras e xa o 19 de anril, en Viana do Bolo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close