A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa oferta actividades de conciliación para os máis pequenos

Contará cun máximo de vinte prazas e estará orientada a nenos de 3 a 11 anos

O Concello da Rúa ofrecerá dende o 11 de agosto ata o 8 de setembro un servizo excepcional para facilitar a conciliación. Este servizo trátase dunha actividade de tempo libre adicada á poboación infantil e creada de forma especial co obxectivo de intentar minimizar o impacto que puido provocar a situación de alerta sanitaria no ámbito da conciliación familiar.

 

Cartel da actividade.

 

O servizo terá un horario de 09:00 horas a 13:30 horas e dende o Concello aseguran que “seguirá os parámetros e requisitos establecidos para o tempo de lecer pero adaptados ás circunstancias excepcionais que nos ocupan”. Así, a actividade contará cun máximo de 20 prazas para nenos de 3 a 11 anos.

“A finalidade é priorizar sempre o cumprimento da normativa sanitaria, polo que existirá un protocolo creado para tal fin ao que os pais/nais/titores deberán prestar conformidade ao formalizar a matrícula”, explican.

O prazo de inscrición (que deberá realizarse na Casa do Concello) rematará o 5 de agosto e deberá presentarse o formulario xunto coa documentación que debe acompañar ao escrito de inscrición neste enlace á web: http://arua.es/?p=9603.

Artigos relacionados

Back to top button