A Rúa pechará abril coa IV xuntanza moteira primaveral

A concentración está organizada pola peña moteira A Manada e celebrarase do 27 ao 29 na rúa Colombia

Participantes na anterior edición da xuntanza moteira, no Aguillón./ Foto: Carlos G. Hervella.

Por cuarto ano consecutivo, a peña moteira A Manada, en colaboración co Concello da Rúa, organiza a Xuntanza Moteira Primaveral Valdeorras para a última fin de semana de abril. Unha concentración de afeccionados ás motos que incluirá rutas turísticas diurnas e tamén unha nocturna, festas, sorteo de agasallos e moitas sospresas.

O programa arrancará o venres 27 de abril ás sete da tarde coa apertura de inscricións. Ás nove haberá unha pinchada popular e a partires das once, festa moteira. O sábado 28 abriranse as inscricións ás nove da mañá e a ruta mototurística pola comarca comezará ás catro e media da tarde. Ás nove e media será a cea para os inscritos e a partires da medianoite haberá unha ruta nocturna para honrar aos moteiros falecidos. A festa continuará o domingo 29 de abril cunha nova ruta pola mañá e fin do evento tralo xantar.

A xuntanza regresa á súa orixe e o punto de encontro será a rúa Colombia onde haberá zona de acampada cuberta (con ducha e baños). A inscrición anticipada custa 20 euros (data límite 23 de abril) e na taquilla, 25 euros.

 

Cartel da xuntanza moteira primaveral.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies