SanidadeÚltima hora

A Rúa persiste na súa demanda dunha “Primaria digna”

No mediodía deste luns 20 de maio veciños e persoal sanitario concentrábanse novamente no exterior do Centro de Saúde desta vila
Concentración no exterior do Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Mateñen a súa reivindicación. Un luns máis, e xa van 16 seguidos, veciños e persoal sanitario concentrábanse durante cinco minutos ás 12h. deste 20 de maio no exterior do Centro de Saúde da Rúa para demandar unha “Primaria digna”.

A convocatoria lanzábaa xa no mes de febreiro a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) e continúa viva na Rúa. Con estas concentracións preténdese “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button