A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa podería acoller a nova sede do C.R.D.O. Valdeorras

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, avanza que "xurdiu a posibilidade de mercar un inmoble nesta localidade que poderíamos compartir co Consello Regulador"

 

A finais de 2019 o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, adiantaba que a Deputación de Ourense contará cunha sede administrativa en Valdeorras, no municipio da Rúa, respondendo a unha petición realizada no seu momento polo alcalde deste concello e membro do goberno provincial, Álvaro Fernández. A idea inicial era abrir a delegación ao longo do ano 2020 nun local sito na rúa Padre Feijóo, pero a pandemia de coronavirus deixou esta, como tantas outras iniciativa, no aire.

Meses despois e durante a visita que na mañá deste 19 de abril facía aos terreos para o novo Centro de Saúde da Rúa (xunto ao conselleiro de Sanidade), Baltar aseguraba que xa teñen o emprazamento pero nas últimas semanas xurdiulles a posibilidade de adquirir un inmoble na Rúa. “Para nós sería moi grande polo que estamos valorando poder compartilo co Consello Regulador da D.O. Valddeorras”, dixo.

Baltar explica que na conversa mantida hai uns días cos representantes do Consello “comentamos que, ademais de axudalos a reformar as actuais oficinas, tiñan que pensar nunha nova sede, algo que eles tamén estaban plantexando, polo que, dándonos un pouco máis de tempo (meses) podiamos adquirir e acondicionar un edificio na Rúa para acoller a delegación da Deputación en Valdeorras e mesmo a nova sede do Consello Regulador. Creo que sería unha boa nova tanto para A Rúa como para a comarca porque coñezo a sede dos outros consellos reguladores e aquí fai falta unha mellora importante. Agora acondicionaremos o edificio existente pero iso non quita pensar ao grande, nunha nova sede e máis nun concello como A Rúa moi vencellado ao viño e onde se celebraron as primeiras edicións da Feira do Viño e acolle adegas moi potentes”, concluía o presidente da Deputación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button