ConcellosÚltima hora

A Rúa prepárase para a Festa do Codillo

Mañá, sábado 30 de xaneiro, unhas 800 persoas poderán degustar o menú no pavillón a partires das 14:30h.
Menú que se poderá degusar mañá na Festa do Cocidllo/ Foto: Carlos G. Hervella.
Menú que se poderá degusar mañá na Festa do Cocidllo/ Foto: Carlos G. Hervella.

Moito se leva especulado sobre a celebración da Festa do Codillo da Rúa que mañá, sábado 30 de xaneiro, chegará á IX edición. A partires das 14:30h. unhas 800 persoas, 20 máis que na edición anterior, segundo os datos do Concello, poderán sentarse a degustar o menú (elaborado por Lula Fidalgo) composto de consomé, chourizo, grelos, patacas e codillo, viño, bica e licores.

Como noutras ocasións, entre os convidados ao Codillo por parte do Concello estarán os dous fillos predilectos da vila, Juan Francisco Sánchez e Wayne Bravender, así como a delegación de Almendralejo composta polo alcalde da localidade, José García Lobato e catro membros máis da corporación.

Un par de horas antes do xantar, na Casa do Concello terá lugar o acto institucional no que se rendirá homenaxe á agrupación de teatro A Ruada e a Protección Civil da Rúa (ámbalas dúas no seu 25º aniversario) así como ao falecido traballador do Concello José Manuel Ferreira Vales.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button