CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

A Rúa prepárase para a IV edición do Campus de Fútbol de Verán

Celebrarase no mes de xullo en tres quendas: do 5 ao 9, do 12 ao 16, e do 19 ao 23

Imaxe dunha edición anterior do campus. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tralo parón do ano pasado, forzado pola pandemia de coronavirus, o CD Rúa está xa traballando na IV edición do Campus de Fútbol de Verán que se celebrará no mes de xullo para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense o campamento desenvolverase coma sempre no campo de herba artificial “Vicente Solarat Maceda” pero nesta ocasión en lugar de dúas, será en tres quendas: do 5 ao 9 de xullo, do 12 ao 16 e do 19 ao 23.

O horario do campus, no que se manterán todas a mededidas preventivas anti Covid-19, será de luns a venres de 10 a 14 horas e a data límite para inscribirse é o 29 de xuño.

 

Artigos relacionados

Back to top button