DeportesÚltima hora

A Rúa prepárase para a VIII Carreira e Andaina Popular do Nadal

A dobre cita atlética será este domingo 22 de decembro con saída e meta na praza da Estación

Presentación da VIII Carreira e Andaina de Nadal da Rúa. /Foto cedida.

 

Cun marcado carácter solidario e festivo se presenta un ano máis a Carreira e Andaina Popular do Nadal 1 kg solidario que se celebrará este domingo, 22 de decembro na Rúa.

O programa desta VIII edición iniciarase ás 11h. na praza da Estación coa saída da andaina popular, cuns 9.000 metros totalmente en chairo. Media hora despois será a quenda dos participantes na carreira popular, cuns 8.000 m. de percorrido. Nesta proba poderán correr atletas das categorías sub18, sub20, sub23, absoluto, e máster (A, B, C, D e F), tanto masculinas como femininas. A súa saída e meta situaranse tamén na praza da Estación.

A retirada de dorsais farase na secretaría que se habilitará para tal fin na Cantina da Estación entre as 9:30h. e as 10:30h. “No momento da retirada do dorsal da carreira absoluta os participantes e acompañantes poderán facer entrega de 1 kg solidario de alimentos non perecedoiros para ser doados”, tal e como se indica dende a organización. Este evento deportivo incluirá ademais carreiras das categorías base, tanto masculinas como femininas que darán comezo a partir das 11:40h. coa proba dos sub16 (2.000 m). O programa completarase co acto de entrega de premios ás 13:15h.

Esta VIII Carreira e Andaina Popular do Nadal da Rúa está organizada por Valdemove, o Club Adas e o Concello da Rúa en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e era presentada na tarde do 19 de decembro no Salón de Plenos do concello rues. Ao acto acudiron o concelleiro de Deportes da Rúa, José Vicente Solarat; o presidente do Club Adas, Agustín González; o delegado da FGA en Valdeorras Manuel Rodríguez; e representantes da Policía Local e de Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close