ConcellosÚltima hora

A Rúa prepárase para as Festas de Verán

Celebraranse do 1 ao 5 de agosto e contarán, entre outras, coas actuacións de Doctor Queen e da orquestra Olympus
Noite de festa na Estación. /Foto: Carlos G. Hervella.

A falta dun día, A Rúa está xa preparada para as súas festas, as de verán, as da Estación. Unha celebración que arrancará o xoves día 1 de agosto co IX Encontro de Pinchadiscos e rematará o luns día 5 con actividades para os nenos e a actuación da orquestra Olympus.

E entre medias, haberá un pouco de todo. O día 2 á parte da Milla Urbana Nocturna (21h. na rúa Miguel de Cervantes) preséntase o concerto de Doctor Queen,  teloneado por Clon Bois. O día 3, pola mañá actuará a charanga Os Caliqueños e pola tarde-noite a orquestra Claxxon. O día 4, domingo, a Banda de Xinzo fará o pasarrúas, dará un concerto matinal na rúa Doutor Vila e outro pola tarde con música de cine. A sesión de tarde e verbena correrá por conta da orquestra Capitol. E xa o luns 5 de agosto, festivo local e derradeira xornada, é o día dos nenos con festa da escuma no Aguillón. Pola mañá actuará a charanga BB+ e haberá golf rústico no Aguillón.

O programa complétase cos torneos de tenis e voley praia.

Máis información na edición en papel do Especial Festas de Agosto do Periódico O Sil.

 

Cartel das Festas de Verán da Rúa deseñado por Isabel Núñez Montero, ganadora do concurso de carteis deste ano.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button