EconomíaEconomíaÚltima hora

A Rúa prepárase para unha nova edición da Festa da Empanada de Costrelas

A cita será o 29 de decembro a partires das 14h. no Campo de San Roque
Asistentes á anterior edición da Festa da Empanada de Costrelas da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Pechando o mes e o ano, o Campo de San Roque, na Rúa, acollerá a XVII edición da Festa da Empanada de Costrelas. Organizada pola comisión de festas, a cita será o sábado 29 de decembro a partires das dúas da tarde, coma sempre nunha carpa climatizada que este ano ampliarán con respecto ás anterires edicións. O menú será a base de sopas de allo, empanada de costelas adoubadas elaboradas por Panadería Lorenzo e de postre, torta de roxóns.

O cátering correrá por conta de Mantesil e o prezo das entradas mantense nos 15 euros, estando á venda ata o día 27 nos seguintes establecementos: Panadería Lorenzo, Comercio Fina, Bar San Roque, O Novo Café-Bar Eumenia, Artesanos Peyma, O Café, A Cervecería, O 4 Bar e Clínica Fisioval. Este ano ademais como novidade, poderase reservar mesa chamando ao 657 055 684 e indicando o número de prazas.

A música “ata que o corpo aguante” correrá un ano máis a cargo da renovada Disco Móbil Danzalia.

 

Cartel da XVII Festa da Empanada de Costrelas.

 

Artigos relacionados

Back to top button