A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa, primeira parada da ruta solidaria “Kilómetros de Investigación do Síndrome de Rett”

Un grupo de amigos percorrerán en moto uns 1.500 km circulares con saída e meta en Salceda de Caselas (Vigo)

Recepción na praza do Concello da Rúa. /Foto cedida.

 

Na mañá deste luns 25 de outubro comezaba en Salceda de Caselas (Vigo) a ruta solidaria “Kilómetros de Investigación”, que un grupo de un grupo de amigos realizarán en moto.

A primeira parada desta ruta solidaria en apoio ao Síndrome de Rett era A Rúa, onde en torno ás doce e media eran recibidos pola corporación municipal na praza do Concello. Dende aí, os moteiros continuarán rumbo a La Bañeza, pasando tamén por Aguilar de Campoo (León), Santillana del Mar (Cantabria), Pola de Siero (Asturias), Ribadeo (Lugo), Ortigueira e Betanzos (A Coruña), Rianxo e Lalín (Pontevedra), chegando de novo a Salceda de Caselas o vindeiro sábado 30 de outubro, completando así uns 1.500 km, aproximadamente en seis días.

 

O grupo que comezou hoxe a ruta solidaria. /Foto: KM Solidarios.

 

Guiada polo Hospital San Joan de Déu, centro que leva a cabo a nivel nacional a investigación sobre o Síndrome de Rett, a iniciativa pretende dar visibilidade ás enfermidades raras ou pouco comúns, coma esta, servindo tamén para recadar fondos para a súa investigación. Para colaborar, pódese facer unha donación a trvás do código QR que aparece na seguinte imaxe.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button