ConcellosÚltima hora

A Rúa recibe material de protección fronte ao coronavirus

Tamén se levaron a cabo labores de desifección e test nas residencias da terceira idade

 

Máscaras, traxes de protección, guantes e productos desinfectantes son os materiais que o concello da Rúa recibía da Xunta de Galicia e do Goberno central para facer fronte ao Covid-19.

Con este material “cubrimos as necesidades do persoal en activo do Concello, servizos de asistencia a domicilio e persoal do Centro de Saúde”, explican dende o Concello, engadindo que o remanente “está a disposición de Protección Civil e a Policía Local, que fan entrega dese material de forma puntual naqueles casos nos que observan a saída ás rúas dos veciños que son consideradas persoas de risco no caso de contaxio”.

 

Operativo para realizar test de Civid19 na Residencia dos Pinos, na Rúa.

 

Estes equipos de protección súmanse aos que, en solidariedade con esta situación, están a elaborar moitos cidadáns de maneira altruísta. “Grazas a estas iniciativas privadas, tamén puido repartirse material en residencias de maiores e establecementos que proporcionan servizos esenciais de cara ao público”, aseguran dende o ente municipal.

Tamén para facer fronte á pandemia, leváronse a cabo por Medio Rural, labores de desinfección nas inmediacións das residencias de maiores, un colectivo especialmente vulnerable, así como test de Covid-19 a usuarios e traballadores das mesmas.

Fotos: Concello da Rúa

Artigos relacionados

Back to top button