ConcellosÚltima hora

A Rúa rememora a súa etapa romana coa “Bacofesta MMXIV”

O Aguillón acollerá o recinto feiral desta celebración que se desenvolverá do 15 ao 17 de agosto
Detalle do cartaz da "Bacofesta".
Detalle do cartaz da “Bacofesta”.

Do 15 ao 17 de agosto O Aguillón rues acollerá a “Bacofesta MMXIV”, na que participarán 12 adegas e 30 postos de artesanía e restauración e na que haberá ademais degustacións de pulpo e carne ao caldeiro.

Para o día 15 de agosto está prevista a inauguración da ponte romana do evento cos alcaldes da Rúa e Petín ás oito da tarde. Media hora despois lerase o pregón da festa, a cargo de José Antonio Casanova, e de seguido desenvolverase un desfile polo recinto das lexións romanas participantes no Arde Lucus (Lugo) e na Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia). Ás 23:00h. poderá desfrutarse das XXXI Xornadas de Folclore coa participación de grupos de Suráfrica, Arxentina e Rusia-Krasnodar.

A xornada do sábado 16 de agosto incluirá actividades para nenos (inchables e xogos diversos), así como un novo desfile das lexións polo recinto. Xa pola noite terá lugar o festival Jurassic Rock. Non faltarán tampouco a medianoite os fogos artificiais.

E xa para rematar, o domingo día 17, será Abertal quen se encargue de amenizar a xornada que incluirá unha nova edición da Concentración de clásicos (a partires das 11h.) que terán no entorno do recinto feiral o punto de encontro e exhibición. Dende Motor Club Rúa esperan contar cuns 130 coches que ás 9:30h. comezarán a saír (un cada minuto) rumbo á ruta polas terras do Bolo. Xa de regreso, en torno ás 13h. reagruparanse todos no Aguillón.

Texto: A.R.
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button