A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa rexistra 1 único positivo por coronavirus

O alcalde, Álvaro Fernández, asegura que non hai que relaxarse e seguir cumprindo as normas

Via central da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Malia a difícil situación que se está vivindo en toda Galicia, co constante aumento de caso de coronavirus, A Rúa conseguiu, polo menos de momento, pasar o bache. Así, na xornada deste martes 19 de xaneiro conta con 1 único caso activo, segundo os datos facilitados dende Sanidade, aínda que o alcalde rues, o popular Álvaro Fernández, puntualiza que non está na Rúa, aínda que si ten o médico no Centro de Saúde deste municipio.

Con todo, o rexedor engade que non hai que relaxarse. “É importante que se sigan cumprindo as normas”, di, que no caso da Rúa son as correspondentes ao nivel medio-alto de restricións aínda que a incidencia acumulada para o concello é de ≤25.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button